Que a rúa sexa punto de encontro
Un bo refuxio todos os planes
Que fagas malabares
Coas agullas do reloxo
Pra chegar a punto a todos os planes
Que cada mirada cruzada
Sexa conexión
Que os raios de sol
Sexan música de ambiente
Que cada vez que nós
Bailamos coa mente
De repente sen pensalo
Isto é un baile de salón
Sentímonos nómadas de corazón
Reacias a acatar desigualdades
Sedentarias na nosa cidade
Nunha viaxe ao espazo exterior
Dende a costa ao interior
Cantándolle á xente de todos lares
Dende o mencer ata o solpor
Cada pequena cousa é unha barbaridade
Polas que loitan día e noite
Dende as mestras aos mariscadores
Polos que levan por bandeira mil cores
Por vós que sodes disto o motor
Sentímonos nómadas de corazón
Reacias a acatar desigualdades
Sedentarias na nosa cidade
Nunha viaxe ao espazo exterior
Sentímonos nómadas de corazón
Reacias a acatar desigualdades
Sedentarias na nosa cidade
Nunha viaxe...
Nunha viaxe ao espazo exterior