O remanso da tarde non consegue acalmar
As miñas ganas de máis, as miñas ganas de máis!
A nostalxia do verán, vervos rir e cantar
As nosas ganas de máis, as nosas ganas de máis!
Con todo por cambiar, co mundo por mudar
Somos naufraxio na mar, somos naufraxio na mar
Ese ámbar de memoria que permita así recordar
O sorriso deses intres de felicidade que non volverán
Acubillado neste ámbar...
Aínda respira nunha cova, véxoo latexar
Ímolo avivar
Cun abismo ante min agardando o porvir
Sálvame! Libérame!
Dáme luz, libérame! Guíndame a este mar salvaxe
Faime ver devagar a forza que me esculpe en rocha e salitre
E salitre
E salitre
E salitre
E salitre
E salitre
Que me permite respirar!
As vibracións entre nós
Consagran un maremoto
Que me arrastra
E rompe ata o fondo en recordos
Onde está o meu ámbar?
Sálvame! Libérame!
Dáme luz, libérame! Guíndame a este mar salvaxe.
Faime ver devagar a forza que me esculpe en rocha...
Dáme luz, libérame! Guíndame a este mar salvaxe.
Faime ver devagar a forza que me esculpe en rocha e salitre
E salitre
E salitre
E salitre
E salitre
E salitre
E salitre
Respirar!
Respirar!