¿Onde vai nosa seáora,
onde vai Santa María?
- Vai cara a banda do mar,
vai cara a manda da ría.
¿Que dis a virxe, que dis,
que dis Santa María?
- ¿Cal será a meniáa, cal
que colla s frol d'augoa fria?
- Non será dama nen deuda,
que será a princesa Aldina,
a princesa namorada
filla do rei de Galicia
tan feitiáa e tan bonita
c'aqueles seus ollos craros
do color d'augoa da ría
soio ti, Aldina, serás
quen leve a frol d'augoa fria.
erguete do leito, nena,
ven cara a banda do mar,
qu'anque ti veáas soiáa
en compaáa has de tornar.
Erguete do leito, nena,
ven cara a banda da ría,
qu'anque ti soiáa veáas
tornarás en compaáía.
Na torre do real palacio,
anque inda está lonxe o día,
móvense os liáos dun leito;
algunha xente se erguía
¡é a princesa! ¡Deul-a garde!
Era a moi garrida Aldina
que vai día de San Xoán
catal-a frol d'augoa fria.